martes, 31 de mayo de 2011

Moxenas Musical Galego - Alfándega


Moxenas nace como a continuación do proxecto musical que o propio inspirador do seu nome, Nazario González “Moxenas”, iniciou no movemento veciñal vigués: a formación na música tradicional dos rapaces de cada barrio e parroquia do concello e que, tras a súa morte, foi continuado polos seus discípulos, hoxe mestres de música tradicional na maioría das entidades veciñais e culturais de Vigo e a súa bisbarra.
Está integrado por máis de 40 compoñentes. Combina todo tipo de instrumentos, desde os da nosa música tradicional (gaitas, percusións, etc) até os habituais noutro tipo de propostas estéticas (guitarras, baixos, etc). Sobre o escenario, a música mestúrase coas voces e o baile, creando pezas de gran plasticidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario